Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 20.02.2018 Actualizado 20:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

1,5 millóns para recuperación de solos queimados

A Xunta actuou en "500 hectáreas" con 'mulching' e levou a cabo case 15 quilómetros de barreiras filtrantes en distintas zonas

SANTIAGO. EP  | 09.02.2018 
A- A+

A Consellería do Medio Rural xa investiu un total de 1,5 millóns de euros en medidas de recuperación dos solos afectados polos incendios forestales rexistrados en outubro de 2017, que afectaron a unhas 49.000 hectáreas, e ten outros 1,5 millóns de euros en execución nestes momentos.

Diso informou este venres na Comisión de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, quen asegurou que a Xunta actúa "sistemáticamente" en todas as zonas afectadas "nas que obxetivamente é necesario".

"E estou falando de criterios técnicos, non de criterios políticos", deixou claro o responsable autonómico de Ordenación Forestal, que subliñou que a Xunta mantén "contactos continuados" cos concellos e as comunidades de montes para realizar estes labores.

En resposta a unha pregunta formulada pola deputada de En Marea, Paula Quinteiro, que denunciou que non se estaban tomando medidas en todos os municipios" e que o Goberno galego non investía con igual intensidade en "zonas pouco poboadas", Fernández-Couto incidiu en que a Consellería do Medio Rural "non inviste en zonas de foto ou non foto" senón onde "é necesario".

"500 HECTÁREAS" DE 'MULCHING'
Deste xeito, defendeu que a "maior parte" das actuacións levadas a cabo se realizaron en áreas que "non son precisamente visible". Tras iso, precisou que Medio Rural fixo "na orde de 500 hectáreas de 'mulching", unha cifra que aínda que "pode non parecer moito" supón "un traballo inxente" realizado nuns "dous meses".

"Fixéronse case 15 quilómetros de barreiras filtrantes que pode parecer un tema menor pero son actuacións tremendamente repartidas, que requiren unha avaliación moi importante e un nivel moi grande de detalle", sinalou para destacar tamén que o Executivo autonómico está actuando en "prácticamente todas as infraestructuras".

Dito isto, o director xeral de Ordenación Forestal puxo en valor o labor que se realiza en Galicia en materia de recuperación da superficie afectada polos incendios que, na súa opinión, sitúa á Comunidade a "moita distancia" dos países da súa contorna. "Hai moita coordinación, unha intensidade de actuación moi grande e, sobre todo, sistemática", sinalou.

MONTE DA LANZADA
Por outra banda, na sesión, o deputado do BNG Xosé Luís Rivas 'Mini' preguntoulle ao responsable de Ordenación Forestal polos motivos que rodean a desclasificación do monte vecinal en man común da Lanzada, en Sanxenxo (Pontevedra).

Ao respecto, Tomás Fernández-Couto sinalou que esta decisión non responde a "ningunha cuestión escura" senón ao feito de que "hai un deslinde" do Ministerio de Agricultura, Pesca e Medio Ambiente que se opón ao uso privativo destes chans" que enmarca nunha "zona de dominio público".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS