Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.09.2017 Actualizado 19:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Adolfo Domínguez reduce un 37% as súas perdas trimestrais tras elevar un 17% as vendas

Os accionistas ratificaron ao novo consello de administración, integrado por sete persoas e presidido polo fundador e principal accionista da firma, Adolfo Domínguez Fernández

MADRID/SANTIAGO. EP  | 12.07.2017 
A- A+

Adolfo Domínguez rexistrou unhas perdas atribuídas á sociedade dominante de 2,7 millóns de euros no primeiro trimestre do ano, un 34% menos que os 'números vermellos' do mesmo período do ano anterior, despois de incrementar un 17% as súas vendas.

A empresa, que alcanzou unhas vendas de 22,6 millóns de euros, elevou un 7,6% a marxe bruta, ata 15,5 millóns de euros, o que non impediu que o beneficio operativo fose negativo, por importe de 1,9 millóns. Esta cifra é un 36% mellor á do mesmo período do ano anterior.

A aprobación dos resultados do primeiro trimestre, que transcorre entre os meses de marzo e maio, por parte do consello de administración da empresa coincidiu coa celebración da xunta xeral de accionistas da empresa en Ourense.

Durante a asemblea, os accionistas apoiaron os cambios de xestión realizados en 2016 na compañía, que deron como resultado un crecemento nas vendas e unha clara mellora dos resultados, indica a empresa nunha nota de prensa.

Os accionistas ratificaron ao novo consello de administración, integrado por sete persoas e presidido polo fundador e principal accionista da firma, Adolfo Domínguez Fernández.

A empresa concluíu o exercicio 2016-17 con 110 millóns de euros en vendas, un 4,3% máis, e iniciou o seu ano fiscal cunha aceleración na taxa de crecemento desta variable.

O resultado neto atribuído trimestral é o mellor desde 2014. O grupo Adolfo Domínguez volveu á senda do crecemento a partir dos cambios realizados no seu consello de administración e equipo de dirección desde xullo de 2016, que relevaron aos equipos que xestionaron a compañía o cinco anos anteriores.

O novo consello de administración e comité de dirección que lideran a compañía desde agosto de 2016 reduciron a súa retribución nun 25% e un 59%, respectivamente.

Durante a xunta, ratificouse aos membros do consello de administración do cambio, que son Juan Manuel Fernández Novo, conselleiro externo; José Manuel Rubín Carballo e José Luís Temes Montes, como conselleiros independentes; e Adriana Domínguez González como conselleira dominical.

Continúan o seu mandato o presidente executivo, Adolfo Domínguez Fernández, o vicepresidente Luís Caramés Viéitez e Agnès Noguera Borel como conselleira dominical en representación de Luxury Liberty SA.

O grupo Adolfo Domínguez conta con 1.405 profesionais en persoal e 505 puntos de venda en 30 países. A compañía de moda de autor con sede en Ourense terminou o exercicio 2016 cunha facturación anual de 110 millóns de euros e un crecemento do 4,3% das súas vendas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS