Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 24.07.2017 Actualizado 20:41
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Arrinca a 'Operación Centinela Galego' para previr incendios cuns cen militares activos cada día

Medio Rural destaca o incremento de patrullas "co obxectivo da prevención visual e o efecto disuasorio"

PONTEVEDRA. EP  | 15.07.2017 
A- A+

As patrullas da Brilat e do Terzo Norte da Armada iniciaron este venres o seu despregamento no marco da 'Operación Centinela Galego' que contribúe á vixilancia e prevención de incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia. Como novidade este ano incrementouse este dispositivo en dúas patrullas, o que supón unha media diaria de cen militares activos.

Cada patrulla está composta por dous militares e un vehículo, segundo explicaron. O xeneral da Brilat, o xeneral Antonio Romero Losada, e a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, despediron este venres na Base militar pontevedresa Xeral Trasfogueiro, de Figueirido, ás patrullas que realizarán o seu labor no cinco zonas asignadas pola Xunta de Galicia debido á súa elevada conflitividade.

Simultaneamente partiron patrullas da sede de Siero en Asturias e da Coruña no caso do Tercio Norte, co que "xa está completamente iniciada" a operación da Xunta.

A conselleira destacou o incremento de patrullas previsto neste convenio que manteñen desde o ano 2007 entre a Xunta e o Ministerio de Defensa "co obxectivo da prevención visual e o efecto disuasorio", ademais das comunicacións que se establezan entre os distintos organismos implicados na prevención e loita contra o lume. "Teño que agradecer ao Ministerio esta forma de involucrarse con Galicia", dixo a titular de Medio Rural.

O xeneral Romero Losada, pola súa banda, valorou esta operación como "moi positiva". "Formamos parte da comunidade galega e somos os primeiros interesados en que non haxa incendios", comentou e, ademais, sinalou que para eles "é moi bo que a sociedade nos vexa preto e coñeza a utilidade do Exército".

RISCO

O dispositivo consta de tres niveles de esforzo ou risco. "Actualmente estamos en nivel medio", afirmou a conselleira. Isto implica que se mobilizan un total de 27 patrullas, dúas máis que ao ano anterior, correspondendo 22 á Brilat e 5 á Armada, o que supón a mobilización diaria duns cen militares.

Se se decreta o risco "moi alto" a Xunta, que é a que financia este dispositivo, poderá aumentar o número ata os 75 e dous helicópteros e se o risco é "alto" o nivel de esforzo será de 50 patrullas.

As zonas de especial vixilancia están situadas en cinco zonas distintas: unha comprendida pola área de Fisterra e O Barbanza, outra O Condado Paradanta e O Ribeiro-Arenteiro; outra na Limia; outra en Verín-Viana; e a quinta na zona de Valdeorras e Trives.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS