Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.09.2017 Actualizado 19:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O BNG reivindica "o dereito dos pobos a votar" nunha xornada "histórica" para Cataluña

BARCELONA/SANTIAGO. EP  | 11.09.2017 
A- A+

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou este luns desde Barcelona "o dereito dos pobos a votar" nunha xornada "histórica" para Cataluña.

Minutos antes do arranque da manifestación central da Diada, Pontón citou a Salvador Allende para proclamar que "a democracia a escriben os pobos" e aplaudir que "o pobo catalán quere escribir con letras de liberdade o seu futuro".

Tras facer fincapé en que "non se pode negar o dereito dos pobos a votar", criticou a posición "inmobilista" e mesmo "retrógada" do Estado español ao tentar "boicotear que a xente poida decidir libremente co seu voto".

"Non é admisible", salientou Pontón, para insistir en que "o presente e o futuro teñen que escribirse con 'd' de democracia e con 'l' de liberdade".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS