Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.09.2017 Actualizado 19:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Segunda comunidade con menor aumento

A compravenda de vivendas sobe un 5% en xullo en Galicia

Ten o peor cociente de operacións por cada 100.000 habitantes

SANTIAGO. EP  | 11.09.2017 
A- A+

A compravenda de vivendas aumentou un 5% en xullo en Galicia en relación ao mesmo mes de 2016 ata sumar 1.110 operacións, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

O incremento en Galicia está máis de 10 puntos por baixo da media española (+16,8%). De feito, é a segunda menor subida entre comunidades, só Estremadura ten peores cifras (+2,3%).

As comunidades que presentaron as maiores taxas de variación anual positivas do número de compravendas de vivendas en xullo foron A Rioxa (70,5%), Castela-A Mancha (28,5%) e Comunidade de Madrid (26,6%).

Este número de compravendas na Comunidade galega durante o sétimo mes do ano supón un cociente de 50 operacións por cada 100.000 habitantes --a máis baixa de España--, mentres que a media española é máis do dobre, con 106 operacións.

Das 1.110 vivendas vendidas en Galicia, a gran maioría, 1.065, eran libres e as 35 restantes protexidas. Mentres, 264 eran novas e 846 usadas.

En total, transmitíronse este mes 2.429 vivendas galegas, 1.110 delas a través das compravendas, pero tamén 15 por doazóns, tres mediante permuta, 623 con herdanzas e 678 por outro tipo de operacións.

AUMENTO DE TRANSMISIÓN DE LEIRAS

En canto ao total das leiras transmitidas inscritas nos rexistros, Galicia tivo 6.327 operacións en xullo, un 8,5% máis, e un total de 287 por cada 100.000 habitantes. Neste caso, tamén ten un incremento por baixo da media española (+11%).

Delas, 1.707 foron leiras rústicas, que se transmitiron por compravenda (451), doazóns (12), permutas (23), herdanzas (615) e outro tipo de operación (606).

Os 4.620 restantes foron leiras urbanas, as 2.429 vivendas, 197 solares e 1.994 doutro tipo. A repartición neste caso é de 2.335 compravendas, 33 doazóns, 16 permutas, 1.001 herdanzas e 1.235 operacións doutro tipo.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS