Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O PSdeG cre que "se están superando todos os límites" e censura que "se ameace" a alcaldes que cumpren a lei

SANTIAGO. EP  | 11.09.2017 
A- A+

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu este luns que en Cataluña "se están superando todos os límites" debido a que a Generalitat "está a situarse á marxe da lei", á vez que deixou claro que "non se pode tolerar que se ameace" aos alcaldes que cumpren a lei e non se prestan a participar no referendo do 1 de outubro.

Preguntado respecto diso en rolda de prensa, o dirixente socialista lembrou que todos os poderes públicos teñen "a obrigación de facer que a lei se cumpra", de modo que referendou o apoio do seu partido a eses rexedores.

É máis, envioulles "unha mensaxe de solidariedade", consciente de que existe "un intento de utilizar a unha parte pequena da poboación catalá" como instrumento para "minar o seu compromiso cos valores democráticos".

Na mesma liña, Leiceaga considerou o apoio manifestado polo seu secretario xeral, Pedro Sánchez, ao Goberno central como "unha mostra" da "sensibilidade democrática" do PSOE e da súa "convicción de partido de goberno" fronte ao "desprezo polas normas xerais de convivencia" evidenciado polo Executivo catalán.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS