Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Transformar os fondos de compensación nun motor de desenvolvemento rexional

PSOE, PP e En Marea piden reformar e elevar os fondos ao FCI tras abordar o financiamento, e o BNG abstense

SANTIAGO. EP  | 12.09.2017 
A- A+

PSOE, PP e En Marea apoiaron unha iniciativa, transaccionada sobre unha moción socialista, na que insta á Xunta a que, unha vez concluída a reforma do sistema de financiamento autonómico actualmente en proceso, demande ao Goberno de España o inicio dun proceso de diálogo coas comunidades para reformar e reforzar o Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

En concreto, a iniciativa avoga pola "transformación" do actual FCI (fondo xeral e fondo complementario) nun instrumento "potente" de desenvolvemento rexional que poida "compensar a eventual perda de fondos europeos" a partir do seguinte período de programación, apostando por un Fondo Interregional de Desenvolvemento (FIDE).

Fronte ao descenso sufrido nos anos de crises que constatou Xoaquín Fernández Leiceaga (PSdeG), tamén reivindica o incremento substancial do volume de recursos a aplicar ao novo Fondo, de forma que se fixe nunha porcentaxe do PIB que permita alcanzar como mínimo as dotacións do período 2000-2007 e multiplique "polo menos por cinco" a media do últimos tres anos.

Así mesmo, apela á consideración do gasto non financeiro da Administración Xeral do Estado como base de cálculo para reducir a variabilidade cíclica do novo fondo; e que o criterio de selección das comunidades beneficiarias sexa o nivel de renda por habitante inferior á media española.

Leiceaga, recoñeceu que a alusión á dispersión poboacional que puxo sobre a mesa o popular José González Vázquez parecíalle "interesante" e, así, a transacción incide tamén en "unha reconsideración" dos criterios de asignación de recursos e un compoñente distributivo en función de criterios de custo e necesidade que inclúa variables territoriais que reflictan o asentamento poboacional.

Así mesmo, exponse que o Consello de Política Fiscal ou Financeira ou o organismo que o poida substituír fixe as grandes liñas estratéxicas de actuación para o novo fondo en cada período, compatibles coa planificación estratéxica das comunidades destinatarias do mesmo -establecida a partir das decisións de cada Parlamento--.

FERRAMENTA DE AVALIACIÓN

Do mesmo xeito, a proposta aprobada tamén avoga por inserir o novo fondo no marco dunha estratexia de desenvolvemento proposta por cada comunidade e acordada globalmente, o que implica unha programación plurianual e un uso dos recursos orientado a resultados.

Finalmente, pide incorporar unha ferramenta de avaliación dos programas en que se concreta a estratexia de cada comunidade.

CAMIÑO DE SER "IRRELEVANTE"

Durante o debate, Manuel Lago (En Marea) avanzou que apoiaría a moción tras coincidir en que o FCI sufriu unha deterioración que o leva camiño de ser un instrumento "irrelevante", aínda que remarcou que o seu grupo si desexaría que este debate se dese no marco da reforma do financiamento autonómico.

Noa Presas (BNG), do mesmo xeito que Lago, ironizou con que o retroceso deste instrumento evidencia a importancia que se lle dá en España a cumprir a "sacrosanta" Constitución. Así mesmo, a parlamentaria nacionalista, cuxo grupo se abstivo, incidiu en que o punto de partida da moción tería que ser "mais esixente".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS