Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 22.11.2017 Actualizado 19:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Villares: "Hai que entender que é a sociedade a que dá forma á institucionalidade, e non ao revés"

BARCELONA/SANTIAGO. EP  | 11.09.2017 
A- A+

O portavoz de En Marea, Luís Villares, defendeu este luns desde Barcelona que "as institucións teñen que entender que é o corpo social o que dá forma á institucionalidade e non ao revés".

Antes de comezar a manifestación da Diada de Cataluña, o maxistrado en excedencia xustificou a súa presenza en que "apoiar a mobilización social que existe" nesta comunidade "polo dereito a decidir" é "unha esixencia de carácter democrático".

"A xente ten dereito a decidilo todo, tamén a súa forma de organización e o proxecto político de convivencia", profundou, á vez que reivindicou o "compromiso" da súa organización co "carácter plurinacional do Estado, que leva a cada suxeito político teña dereito a pronunciarse sobre o seu futuro".

Segundo o seu criterio, a sociedade, neste caso catalá, ten "dereito a expresar a súa forma de regular a convivencia" e tamén a fixar "os seus propios dereitos sociais para garantir que as maiorías sociais poidan realizar con normalidade unha vida digna".

Tras participar tamén no acto dos Comúns, Villares salientou "o compromiso inequívoco" da formación rupturista "coa democracia". "Hoxe e todos os días", resolveu.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS