Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.09.2017 Actualizado 19:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Volve a calor extrema a Galicia

A zona do Miño de Ourense e Pontevedra e Valdeorras manteñen o sábado aviso amarelo por temperaturas de máis de 36º

SANTIAGO. EP  | 15.07.2017 
A- A+

As zonas do Miño das provincias de Ourense e Pontevedra, así como a comarca de Valdeorras manteñen este sábado o aviso amarelo por temperaturas de máis de 36 graos centígrados.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, persisten as altas presións centradas no Atlántico e a entrada dunha masa de aire cálido procedente do sur peninsular.

Deste xeito, entre as 15,00 e as 21,00 horas deste sábado o aviso será amarelo nas zonas de Valdeorras, Miño de Ourense e Pontevedra.

Ademais, durante toda a xornada o vento no mar manterá o aviso de nivel amarelo na Costa da Morte e na costa coruñesa noroeste por vento do nordés con intervalos de forza 7.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS